Páginas

viernes, 12 de junio de 2015

Grazas.

Hoxe non hai letras. Hoxe non hai belida poesía. Quizais soamente haxa baleiro e medio encol das nosas andadas cadeiras.
Hoxe. Na soidade dun mesmo. Decátome que non todo é velocidade igual, a velocidade inicial, máis aceleración, polo tempo.
A miña vida non sufrirá alteracións por non lembrarme das obras de Otero Pedrayo. Mais a vida hoxe si que muda para moitos. Porque os sentimentos voaron dende algunha pomba que non atopou o océano… ata chegar a nós. E é por iso que non consigo transmitir o que é, ver fuxir os anos que nos uniron durante todo este tempo.
Hoxe non digo adeus. Hoxe non digo ata logo. Non. Hoxe soamente digo… Cunqueiro regálame mil primaveras máis, porque as preciso.




Adicado a todos os amigos e a todas as persoas que se agochan detrás do heterónimo de “Mestres”. Grazas por ensinarme a ser.

2 comentarios:

  1. Grande Naty!!! Non dubides que estarei atenta as tuas publicacións. :)
    Bicos e moita sorte.

    Unha gran fan.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas grazas. Espero que disfrutes do Blog, e das miñas ideas. Pero sobre todo que disfrutes das nocións que viven nos recunchos do teu caletre.
      Bicos e sorte.

      Outra fan á que non se lle dan tan ben as matemáticas.

      Eliminar